Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha GalegoLab, plataforma en liña que dá voz a quen teña ideas para promover a lingua
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha GalegoLab, plataforma en liña que dá voz a quen teña ideas para promover a lingua

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/06/2010
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

galegolab.jpgGalegoLab, nova proposta en liña a prol da nosa lingua, parte da seguinte realidade: a existencia dunha manchea de galegas e galegos que teñen en mente unha idea para promover o seu idioma e que por un pequeno detalle, sexa cal sexa, non se animan a darlle a forma. Pois ben, GalegoLab vai dereitiño a rematar con ese pequeno detalle. Poñamos por exemplo a música nos ximnasios, espazos cada vez máis frecuentados e onde, polas razóns que sexan, rara vez se pincha algo mellor que 40 Latino. Alguén pensou en promover alí a música galega e, deste xeito, animar o progresivo queime de calorías e contribuír a normalizar aquela? Pois GalegoLab está para iso. De feito, xa hai quen propuxo na web unha idea coma a devandita, tal e como se pode ver.
Co obxectivo de afondar nestas e outras funcións, os creadores da plataforma (xente moi variada da cultura, a comunicación, a informática ou as artes, todas/os unidas/os polo nexo común do seu amor ao galego), convocouse no Hotel Virxe da Cerca un encontro cos medios. Na cita, Antón Reixa e María Yáñez (dous dos promotores da plataforma) fixeron fincapé no potencial de GalegoLab para reunir as ideas e recursos que están a abrollar arestora a prol do promoción da nosa lingua e a nosa cultura.
En parte xogo, en parte cousa seria, a páxina pretende ser a forza que impulse as ideas a convertérense en iniciativas reais. Para logralo, convídase á comunidade internauta galega a participar de moi diverso xeito: ben directamente, achegando propostas para lanzar a nosa cultura, ben indirectamente, votando as que existen, falando do proxecto ou animando a outras e outros a implicárense. Asemade, existe a opción de facérmonos socios, enchendo un formulario habilitado na páxina web. Amais disto, cómpre salientar a posibilidade real de vota-las ideas que vaian xermolando, ideas que terán máis opcións de saír adiante cantos máis apoios recaden. De tódolos xeitos, informan os creadores da plataforma, é ben probable que a totalidade do que se vaia ofrecendo se materialice, e máis tendo en conta a orixinalidade e o pulo das que xa se presentaron (a poucos días da posta en marcha da páxina).
Entre elas, amais da música nos ximnasios, inclúese a proposta Ida e Volta, que consiste nun encontro musical na Coruña e Vigo encamiñado a superar ficticias rivalidades e prexuízos urbanos perante a lingua (algúns tamén ficticios) ou a achega Flashgalego, que constitúe un flasmob para determinadas áreas turísticas da nosa terra e que arrincará na Coruña, no Orzán, cunha homenaxe pop a Juan Pardo e máis polo miúdo á canción Falade meniñas, falade galego.
Así definiu Antón Reixa o espírito que alenta GalegoLab: “Partimos da base de que todas e todos estamos orgullos de ter unha lingua propia, de que é un luxo tela, de que está ben ser galegofalante pero que tamén é bo ser neofalante ou non ser galegofalante pero amar á lingua. Non nos preguntedes polo galego no ensino. Estamos separados do que sería a política da Xunta por sexo e por afecto. Amamos ao galego e iso é que nos diferenza desta política. Sentímonos parte da coraxe civil galega de todos os colectivos que loitan pola lingua e poñémonos a disposición deles”.
A web, amais de todo o que se dixo, inclúe unha microtenda en liña para recadar apoios orzamentarios para as ideas presentadas. Neste punto de venda é posible arestora mercar unha serigrafía do artista galego Antón Patiño, ao prezo de 150 euros, diñeiro que como dixemos será destinado a financiar as iniciativas achegadas.
Por certo que detrás do labor do deseño da páxina web atópase a empresa A Navalla Suíza, que tal e como explicou María Yáñez (integrante do equipo desta firma), reflicte un interese por amosar tódolos contidos e recursos do xeito máis claro e doado posible, tanto o que atinxe ao proceso de selección e desenvolvemento de ideas como no que se refire ao plano orzamentario. “Isto é un experimento total”, sinalou, “que se temos que distinguilo por algo é por animar á participación da xente dunha maneira tan clara”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?