Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galiciadixital recala na Rúa cos seus contidos máis novidosos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galiciadixital recala na Rúa cos seus contidos máis novidosos

Raquel Noya
Publicado: 27/07/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Os aerodeslizadores foron uns dos contidos máis visitados da exposición durante a pasada edición de Xuventude Galicia Net
Os aerodeslizadores foron uns dos contidos máis visitados da exposición durante a pasada edición de Xuventude Galicia Net
A exposición itinerante Galiciadixital, que como ben saben a maioría dos nosos lectores ten a súa sede permanente no Mosteiro de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela, vén de facer a súa última parada en A Rúa, Ourense, onde permanecerá ata o vindeiro sábado, 31 de xullo, para a súa visita por parte de calquera persoa interesada en coñecer o máis destacado en materia de arte tecnolóxico galego.
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez González acompañado polo alcalde de A Rúa, Luis Fernández Gudiña inauguraron onte mesmo a exposición na Casa da Cultura da vila, onde se atopa instalada cos seus contidos habituais. A mostra, que coma sempre poderá visitarse de balde, estará aberta ao público de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00.
No evento, o delegado territorial expresou a súa satisfacción por levar esta mostra ao concello da Rúa e lembrou que todos os contidos que se exhiben na exposición están feitos por empresas e universidades galegas. Así mesmo, salientou que neste ano, como novidade, a mostra achégase a hospitais e centros de maiores, onde pode ser visitada gratuitamente tanto polos doentes como polos familiares e amigos dos mesmos, que fan máis levadeira a súa convalecencia.
Pola súa banda, o alcalde, agradeceu que a exposición teña unha parada no concello da Rúa e animou a todos os veciños a que se achegan á mesma.
Os que visiten nestes días as instalacións da Casa da Cultura poderán disfrutar dalgúns dos contidos habituais da exposición Galiciadixital, como o xogo Aerodeslizadores por Compostela, no que poderán descender pola zona histórica dunha cidade galega virtual nun futurista “aerodeslizador” desenvolvido pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Tamén poderán xogar co canciño Axóuxere ou converterse en tiraboleiros do Botafumeiro da Catedral de Santiago por un día, grazas ao tiraboleiro virtual, entre outras actividades. Ademais, os visitantes poderán visionar películas en 3D como Meta do Camiño, que nos amosa feitos e lendas da Catedral coas mellores técnicas audiovisuais feitas dende a nosa Terra.
A través da exposición Galiciadixital a Secretaría Xeral de Medios pretende amosar a galegos e galegas de todas as idades os contidos audiovisuais e multimedia realizados por empresas e universidades da comunidade, valéndose para iso dunha experiencia interactiva diferente á dos museos convencionais, na que os visitantes non son simples espectadores, senón que participan en todo o percorrido.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?