Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os internautas galegos seguen a traballar na recuperación de Chuza!
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os internautas galegos seguen a traballar na recuperación de Chuza!

Fernando Sarasketa
Publicado: 29/07/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Berto Yáñez, creador de Chuza!, unha imaxe do xornal galego A Nosa Terra
Berto Yáñez, creador de Chuza!, unha imaxe do xornal galego A Nosa Terra
A desaparición de Vieiros e Chuza! está a traer unha serie de consecuencias na Rede, algunhas máis agardadas que outras, pero case todas elas teñen que ver co importante baleiro informativo e cultural que se vén de crear co seu peche. Segundo se nos conta en Xornal.com e máis en Galicia Hoxe, dous medios en maior ou menor medida ligados á comunidade internauta galegofalante que lle deu azos (precisamente) a Vieiros e máis a Chuza!, o peche do primeiro dos medios semella definitivo, non así o do segundo. De feito, e tal e como relembramos dende a web de Código Cero os días pasados, xa están en marcha unha serie de medidas para recuperar o espírito chuzeiro. A primeira destas medidas abrollou en GaliciaLab, co obxectivo de crear unha fundación. A segunda, que para Galicia Hoxe ten clara feitura de realidade, consiste na posta en marcha dunha asociación que recolla a testemuña de Berto Yáñez (creador de Chuza!) e faga revivir o proxecto, sen lugar a dúbidas un dos máis estimulantes da nosa Rede e un dos que máis representou a arela galega dunha comunicación propia e libre.
Segundo se conta no dito xornal galego, perante este proxecto de levar cara adiante o novo Chuza!, Yáñez xa se ofreceu a ceder a marca e o dominio, pasando estes a mans dunha asociación integrada por membros da propia comunidade. A iniciativa leva varios días en marcha nun portal de Google (Chuza-remastered), un espazo que opera de faladoiro sobre os aspectos técnicos e legais da web e da hipotética nova andaina. A principal característica desta, con respecto á etapa de Yáñez, radica na natureza da súa titularidade, agora colectiva. Con isto, informan dende a iniciativa, non se porá en perigo a continuidade do proxecto en caso de que alguén non poida ou non queira seguir adiante co mesmo. Polo demais, a previsión é que todo siga igual, tanto en feitura coma en fondo.
Polo que atinxe á desaparición de Vieiros, o primeiro xornal dixital en galego, todo apunta a que se trata dun remate definitivo. Con todo, infórmase dende Xornal.com, o que si que non se perde é o importante potencial de lectores e colaboradores, que todo apunta a que repercutirán positivamente no devandito medio de comunicación galego, en A Nosa Terra ou en GaliciaHoxe. O que si que se puído confirmar é que algúns dos máis salientables comentaristas de Vieiros poderán darlle continuidade ao seu labor en Xornal.com, como por exemplo Rafael Cuiña ou Camilo Nogueira (previamente xa ligados a Xornal), a quen se sumará en setembro José Luis Sucasas. Asemade, tamén se confirma que o devandito medio quere converterse en ferramenta de información útil para os usuarios de Vieiros, baseando os seus argumentos no semellante das súas liñas de traballo, liñas “onde a participación dos lectores é primordial, sobre todo a través de foros, que teñen un alto seguimento por parte dos lectores”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?