Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O audiovisual galego recibe preto de cinco millóns en axudas de AGADIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O audiovisual galego recibe preto de cinco millóns en axudas de AGADIC

Raquel Noya
Publicado: 26/08/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tropa_de_trapo-2.jpgA Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) vén de acordar a adxudicación dun total de 4.980.000 euros en axudas destinadas a 38 empresas audiovisuais galegas para a realización de 43 producións e coproducións, das que 13 corresponden a longametraxes cinematográficas, 7 a películas para televisión e 23 a documentais de creación e difusión.
A entidade dependente da Consellería de Cultura e Turismo completa así a resolución das súas principais liñas de subvención ao audiovisual galego, ao que destina un total de 7.060.000 euros a través das seis modalidades convocadas este ano.
Xestionado por segundo ano consecutivo a través da Agadic, o programa de apoio económico a este sector, segundo informan dende o Executivo, “mantén unha tendencia ascendente respecto ao orzamento total comprometido”, pasando dos 6,9 millóns en 2009 aos 7,06 millóns de euros en 2010.
Este incremento trasládase, así mesmo, á cifra de proxectos subvencionados este ano, dentro da que sobresae tanto o número de longametraxes cinematográficas (13 en 2010 fronte a 7 o ano pasado), como o de documentais (23 fronte a 13 en 2009).
O importe total outorgado ás axudas para producións e coproducións audiovisuais distribuirase ata 2013 (1.400.000 euros en 2010, 1.400.000 en 2011, 1.380.000 en 2012 e 799.386 en 2013) e o prazo de xustificación de cada anualidade rematará o 31 de outubro do ano correspondente.
En total distribuiranse 3,3 millóns de euros entre as longametraxes, 885.648 euros irán destinados á produción de películas para televisión e os 760.449 euros restantes adxudicáronse a 23 documentais.
Trala publicación dos adxudicatarios e contías concedidas no marco desta liña de apoio, tan só quedaría pendente, segundo afirman dende Agadic, “a resolución definitiva das axudas de concesión automática para a amortización de custos de produción, para as que continúa aberto o prazo de solicitude”. Ademais, a través do resto de convocatorias resoltas, a Agadic destina 450.000 euros a 20 propostas de desenvolvemento de proxectos audiovisuais, 350.000 euros ao desenvolvemento e produción de 16 proxectos de contidos dixitais e interactivos, 300.000 euros a 33 novos creadores para promover o talento audiovisual galego e 180.000 euros á produción de 17 curtametraxes e videoclips.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?