Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: IBM convoca un concurso de ideas para desenvolvedores de software
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

IBM convoca un concurso de ideas para desenvolvedores de software

Raquel Noya
Publicado: 02/09/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ibm.jpgA compañía internacional IBM, a fin de fomentar a creación de software de utilidade para as distintas necesidades que atopamos os usuarios das novas tecnoloxías no noso día a día, vén de convocar un concurso para que emprendedores, universitarios e desenvolvedores de software expoñan as ideas máis innovadoras e os principais retos que deben abordar as empresas nun entorno tan complexo como o actual.
IBMAGINA que así se fai chamar o concurso, concíbese como unha plataforma para fomentar o intercambio de ideas e compartir coñecementos, así como unha oportunidade para darlle pulo ó progreso social e empresarial, o valor da creatividade e a innovación.
Din dende a entidade que “o software xoga un papel importante nos nosos días porque está a transformar a nosa forma de vida” e neste senso, o concurso é unha oportunidade única para desenvolver todo tipo de iniciativas que melloren e fagan máis doada a nosa actividade diaria.
O concurso, en definitiva, consiste en expoñer todo tipo de iniciativas para mellorar os procesos e aplicacións que se dan no día a día de calquera organización, como a conectividade e a colaboración empresarial, os servizos de atención ao cliente, a optimización de recursos ou a protección da información.
En poucas palabras, ten como principal obxectivo plantexar os problemas e as solucións que contribúan á creación dun planeta máis intelixente.
As ideas e retos que se propoñan na web do concurso, que se poderán expoñer ata o 30 de setembro, deberán aliñarse con cada unha das áreas estratéxicas máis importantes que teñen plantexadas hoxe en día as organizacións, e que van dende “coñecer e actuar” ata “protexer”, pasando por “adaptarse” ou “innovar”.
As mellores ideas en cada unha das seis categorías mencionadas obterán como premio coñecer as diferentes solucións de software de IBM que están a aplicar as empresas para enfrontarse con éxito a un ámbito competitivo. Os premios consistirán en cursos prácticos de varios días de duración valorados en máis de 2.000 euros, sobre administración de Bases de Datos DB2, desenvolvemento de aplicacións con WebSphere Message Broker, desenvolvemento de regras de negocio con IBM WebSphere ILOG JRules, administración de IBM Lotus Domino 8.5 ou IBM Tivoli Storage Manager, entre outros.
Poderá participar no concurso calquera persoa maior de idade, residente en España, que se rexistre previamente no mesmo.
As ideas gañadoras dos principais premiso serán seleccionadas por un xurado formado por cinco profesionais de IBM, entre as máis votadas polos internautas. A entrega de premios terá lugar durante a sesión plenaria do Congreso de Software IBM 2010.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?