Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: PandaLabs elabora unha completa listaxe coas estafas máis típicas da Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

PandaLabs elabora unha completa listaxe coas estafas máis típicas da Rede

Raquel Noya
Publicado: 02/09/2010
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

malware.jpgCada ano, dende que as novas tecnoloxías e Internet son o que son na actualidade, miles de usuarios son vítimas de estafas a través da Rede, enganos que sempre, por norma xeral, buscan o beneficio económico a toda costa e sen importar a excusa.
Pandalabs, o laboratorio especializado en malware de Panda Security, estivo un tempo a recadar datos sobre os enganos máis empregados na Rede e recentemente vén de elaborar o ranking das estafas máis frecuentes que se foron dando nos últimos anos e que seguen a cobrar vítimas en liña a día de hoxe.
Segundo informan dende a entidade, o obxectivo é sempre o mesmo: “estafar ao meirande número de usuarios para conseguir contías económicas que poden ir dende os 500 ata os milleiros de dólares”.
Luis Corrons, o director técnico de PandaLabs asegura que o principal problema deste tipo de enganos en liña é que “as persoas afectadas raramente denuncian, e cando o fan, non é habitual que cheguen a recuperar as súa perdas, xa que”, engade, “os ciberdelincuentes soen perderse na Rede”.
A mellor defensa é pois aprender a recoñecer aos estafadores e evitar, deste xeito, converternos nunha vítima máis. Xa que logo, segundo a listaxe elaborada por PandaLabs, o ranking dos enganos máis frecuentes dos últimos 10 anos son os que seguen: –Nixerianos, trátase da primeira estafa orixinada na Rede que chega en forma de correo electrónico e na que un suposto extranxeiro (normalmente nixeriano, daí o nome) nos comunica que precisa sacar unha importante cantidade de diñeiro (millóns de dólares) do seu país, prometendo grandes cantidades como recompensa pola molestia ocasionada.
Se a persoa usuaria accede, pídenlle que pague unha “pequena” suma para sufragar os gastos da transferencia bancaria, esa sería a contía perdida finalmente polo usuario. –Loterías, o mecanismo é moi semellante ao anterior, só que neste caso, a persoa usuaria recibe un correo no que se lle notifica que saíu gañador dun sorteo. Neste caso tamén se solicita unha contía para sufragar os gastos da falsa transferencia. –Mozas, neste tipo de estafas, unha moza guapa, normalmente procedente de Rusia, atopa a nosa dirección de correo e quere falar connosco. Sempre son mozas ás que lle “encantaría” visitar o noso país e “coñecernos mellor”. A estafa vén cando nos solicitan unha cantidade de diñeiro para pagar os billetes. En todos os casos e sen excepcións, as persoas que acceden ao engano non quedan só sen os cartos, tamén sen a moza!. –Ofertas de traballo, esta estafa consiste en que a persoa usuaria recibe unha mensaxe dunha importante compañía extranxeira que busca axentes financieiros no noso país. Neste caso, os ciberdelincuentes empregan ás persoas estafadas para roubar diñeiro doutras persoas ás que lle roubaron previamente as súas credenciais bancarias, convertindo ao usuario en “mula” e polo tanto “cómplice” dun delito, porén sen sabelo. –Facebook / Hotmail: Os ciberdelincuentes acceden a unha conta de Facebook, Hotmail ou servizo similar logo de conseguir a contrasinal. Cambia todas as credenciais para que o usuario real non poida entrar na súa conta e convence aos contactos do mesmo de que lle roubaron cartos xusto antes de marchar de viaxe e non ten para pagar o hotel. –A compensación: é unha das estafas máis recentes e surrealistas nas que se informa da creación dun falso fondo para compensar as vítimas do engano nixeriano. As persoas estafadas volven a selo por segunda vez. –A equivocación: neste tipo de enganos, os estafadores póñense en contacto coas persoas usuarias que publicaron un anuncio de venda de algo a través da Rede e envían rapidamente un cheque cun importe superior á contía. A estafa consiste en solicitar a devolución da cifra que puxeron de máis e que normalmente os estafados perden.

Como en toda estafa habida e por haber, o aconsellable normalmente é ter instalado un bo antivirus, aplicar o sentido común e desconfiar das mensaxes ou remitentes extraños.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?