Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta escolle a Telefónica e Iberbanda para levar a banda larga ao noso rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta escolle a Telefónica e Iberbanda para levar a banda larga ao noso rural

Raquel Noya
Publicado: 03/09/2010
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

antena_de_iberbanda_detalle.jpgA Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, vén de concederlle a Telefónica e Iberbanda as axudas destinadas ás actuacións de despregamento de redes de banda larga nas zonas da contorna rural de Galicia que presentan máis dificultades para acceder a este servizo, que ascenden a 1,2 millóns de euros.
Trátase dunha medida que se inclúe no Plan de Banda Larga de Galicia 2010-2013 mediante a cal se lle concede ás devanditas operadoras nacionais o labor de extensión de redes fixas que garantan o acceso aos servizo de banda larga ao noso rural.
En concreto, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural vén de concederlle a Telefónica a extensión de redes fixas que garantan o acceso ao servizo de banda larga a máis do 80 por cento da poboación, á meirande parte dos centros da administración pública e aos polígonos e parques empresariais nos núcleos rurais establecidos.
Pola súa banda, Iberbanda resultou beneficiaria das axudas para a extensión de redes de acceso de banda larga en 27 concellos do sur da provincia de Lugo e da súa contorna (22 concellos do sur de Lugo e 5 na Ribeira Sacra Ourensá).
A Xunta achega para estas actuacións preto dun total de 1,2 millóns de euros que, xunto co investimento privado previsto polos operadores en cuestión, acadarán un investimento global de 2,7 millóns de euros.
Con estas axudas, Telefónica estenderá no ano 2010 redes de transporte de alta capacidade en 106 núcleos de poboación, da contorna rural de Galicia de máis de 100 habitantes que actualmente non contan con acceso á banda larga. Deste xeito, case 24.000 habitantes poderán ter un servizo de acceso de calidade a Internet. Ademais, o despregue destas infraestruturas garantirá o acceso ao servizo de banda larga de calidade a todos os puntos de demanda dependentes da administración tales como centros educativos, centros de saúde, etc. así como aos parques empresariais e polígonos industriais presentes nos núcleos rurais establecidos.
Esta operadora establece a velocidade mínima do servizo a ofertar en 6 Mbps de baixada e 640 Kbps mellorando así, a velocidade mínima de 2Mbps de baixada e 512 Kbps de subida que se establecía na convocatoria publicada no DOG. Con todo, Telefónica comprométese a consolidar a finais deste ano 2010 “a velocidade de 10 Mbps de baixada como oferta de referencia sen variacións nas tarifas, desenvolvendo ademais unha oferta a prezo máis reducido naqueles puntos onde non sexa posible ofertar os 10Mbps”.
Adicionalmente, ás melloras relativas á velocidade de servizo, o operador ofrecerá un amplo paquete de melloras significativas para os usuarios tales como, servizos para o desenvolvemento da domótica, da teleasistencia, para a accesibilidade a contidos multimedia nas pantallas de móvil, PC e Tv, así como, outros servizos de entretenemento.
Iberbanda, pola súa parte, posibilitará o acceso ao servizo de banda larga de calidade a máis de 28.000 habitantes dos 27 concellos – 22 na provincia de Lugo (Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra de Brollón, O Saviñao, Sober, Taboada, Paradela, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Antas de Ulla, Bóveda, Friol, Guntín, Palas de Rei, Monterroso, O Corgo, Láncara, O Páramo e Sarria); 10 no sur da provincia de Lugo (Antas de Ulla, Bóveda, Friol, Guntín, Palas de Rei, Monterroso, O Corgo, Láncara, O Páramo e Sarria); e 5 na provincia de Ourense (Nogueira de Ramuín, A Peroxa A Teixeira San Cristovo de Cea e Vilamarín)- nos que se despregarán redes sen fíos durante o ano 2010. Para esta actuación, Iberbanda previu un investimento total de 891.200 euros dos cales 624.000 serán subvencionados pola Xunta.
A solución ofertada por Iberbanda empregará a tecnoloxía sen fíos Wimax Móbil de banda licenciada que, prestará un servizo mínimo esixido de 2 Mbps de velocidade de baixada e 512 Kbps de subida cun 20% de caudal garantido o 95% do tempo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?