Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Política Lingüística estrea unha ferramenta en liña para preparar as probas do Celga 1
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Política Lingüística estrea unha ferramenta en liña para preparar as probas do Celga 1

Raquel Noya
Publicado: 06/09/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

celga.jpgA Secretaría Xeral de Política Lingüística, que nos últimos tempos está a facer unha aposta firme por introducir as novas tecnoloxías e Internet en todo o que ten que ver co noso idioma, vén de estrear (na pasada fin de semana) o primeiro curso en liña preparatorio para as probas de certificación de língua galega do nivel 1, que facilita a participación das persoas interesadas sen ter que desprazarse dos seus fogares ou entornos de traballo máis do estrictamente necesario.
En total, segundo informan dende o organismo, nesta primeira convocatoria do Celga 1 en liña ofértanse tres cursos de modalidade semipresencial, de 35 alumnos cada un. Estes cursos contan con catro clases presenciais voluntarias (un total de 11 horas), que terán lugar na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela.
Asemade, para a xente de fóra de Galicia, a convocatoria conta cunha modalidade non semipresencial, na que están inscritas 50 persoas.
Este curso, na súa modalidade en liña, está conformado por 10 temas, cada un dos cales se corresponde cunha área temática comunicativa, e consta dunhas 50 actividades, entre elas, escoitar unha conversa e arrastrar a frase correcta ata a súa posición no diálogo, emparellar elementos, encher ocos, elixir a resposta correcta entre varias suxestións ou escoitar unha palabra gravada e usar o micrófono para tratar de reproducila.
Este novo sistema de aprendizaxe, que se enmarca no Plan xeral de normalización da lingua galega do departamento que dirixe Anxo Lorenzo, constitúe unha aposta decidida por darlle facilidades ao amplo sector da poboación adulta que desexa adquirir ou mellorar a súa competencia en galego.
Os catro cursos do Celga 1 en liña, nos que están matriculadas 150 persoas, prolongaranse ata o vindeiro 12 de novembro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?