Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AGESTIC premia o bo facer das empresas galegas en materia das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AGESTIC premia o bo facer das empresas galegas en materia das TIC

Raquel Noya
Publicado: 09/09/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Innovacion_galega.jpgA Asociación Galega de Empresas TIC (AGESTIC), sabedora de que moitas das pequenas e medianas empresas do noso país están a facer un esforzo considerable para aplicar e desenvolver técnicas, metodoloxías, ferramentas e boas prácticas nos eidos da innovación e a competitividade, quere premiar este bo facer, e vén de convocar os seus premios Innova-G, cos que recoñece o labor de incorporación do modelo de negocio dixital das PEMES galegas, así como o seu esforzo innovador.
Segundo a organización dos Premios, “Galicia conta con empresas tecnolóxicas que fan posible cos seus desenvolvementos unha Galicia actual competitiva e cun pé no futuro”, neste senso, os e as profesionais galegas que veñen apostando polo desenvolvemento das TIC nas súas empresas e entidades, poden ver recoñecido o seu labor participando neste novo concurso que convoca AGESTIC.
Dende esta asociación e as entidades que colaboran nos premios queren galardoar “a innovación das empresas na incorporación a esta nova realidade, e dar o seu apoio e recoñecemento aos que non ven no cambio un problema se non unha oportunidade”.
Poderán participar nesta convocatoria tódalas PEMES galegas, tecnolóxicas ou non, que leven a cabo ou xa teñan feito a adaptación da súa empresa ao modelo de negocio dixital, ou que desenvolvan proxectos, produtos ou servizos 2.0.
O prazo de presentación de solicitudes manterase aberto ata o vindeiro 8 de outubro, e estas deberán ser subidas para ser votadas polos internautas á web oficial do evento.
Haberá dous premios por cada categoría (un premio dos internautas e un premio do xurado) e o acto de entrega de mencións celebraráse en Santiago de Compostela o 14 de outubro de 2010.
As categorías establecidas nesta edición son as que seguen: – Mellor idea de negocio 2.0: premio á mellor Start-up galega. – Mellor emprendedor/a galego/a 2.0: premia ao galego ou á galega líder e coraxuda que día a día, xunto ao seu equipo, saca adiante un proxecto empresarial 2.0 – Mellor campaña social media: premia á PEME galega que mellor uso faga das redes sociais e servizos 2.0 (twitter, facebook…) – Mellor iniciativa de apoio á innovación: premia aos organizadores (persoas ou PEMES galegas) de xornadas, seminarios, eventos, reunións, webs…que promovan e apoien á innovación en Internet en Galicia. – Mellor desenvolvemento 2.0: premio á PEME galega cuio desenvolvemento 2.0 (redes sociais, comercio electrónico, e-learning…) sexa considerado o mellor feito en Galicia. – Mellor aplicación para dispositivos móbiles – Mellor solución tecnolóxica móbil – Mellor deseño para todos: premio á PEME galega responsable de modelo ou modelos usables e accesibles en Internet – Mellor desenvolvemento centrado nos cidadáns: grazas ao cal se produce unha innovación clara na calidade dos servizos sociais, sanitarios, educativos ou outros e se mellora sustancialmente a calidade de vida das persoas. – Mellor desenvolvemento de RSE: premio á PEME galega da mellor aplicación en internet para a responsabilidade social, o medio ambiente, igualdade de oportunidades… – Mellor desenvolvemento audiovisual en Internet: premio á PEME galega responsable do desenvolvemento audiovisual na rede máis innovador.
Malia que estes premios non contan con dotación económica, supoñen un recoñecemento ás entidades participantes e sérvenlle de gran axuda ao empresariado galego para que aposten polas novas tecnoloxías nos seus modelos de negocio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?