Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Increméntanse os ataques de phising en Facebook
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Increméntanse os ataques de phising en Facebook

Raquel Noya
Publicado: 09/09/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fishing_en_facebook.jpgUsar a rede social con máis usuarios do mundo como é Facebook ten moitas vantaxes, tales como atopar a certos amigos da infancia que nunca volvemos a ver co paso dos anos ou manternos en contacto con moitos outros que se atopan no outro lado do hemisferio; porén tamén ten incontables inconvintes e o que máis destaca por enriba de todos eles é que é un excelente branco para hackers de todo o mundo que intentan sacar proveito de tal concentración de internautas nunha mesma web.
A proba está en que moitos usuarios desta rede social veñen denunciando nos últimos anos os ataques de hackers que suplantan a súa identidade así como ataques de phishing ou spam que saturan os seus perfís.
O laboratorio de seguridade de Panda, The Cloud Security Company, consciente de que estes ataques lonxe de extinguirse van ir a máis nos vindieros anos a medida que se perfeccionan e deseñan novos métodos, vén de facer unha descripción da técnica que máis se emprega na Rede para suplantar a identidade dos usuarios de Facebook, destacando os seguintes pasos:
Paso 1: o gancho
O gancho vén, normalmente, dende o perfil dun amigo que xa foi hackeado previamente. O usuario recibe unha mensaxe (que semella lícita e auténtica) indicando que é preciso premer na ligazón para ver algo. Na maioría dos casos, esta mensaxe é do tipo de “vídeo impactante” ou “apareces neste vídeo”, e normalmente vai persoalizdo co nome do usuario.
Paso 2: Intento de Phishing
Agora que os “cibercriminais” xa atraeron a atención do usuario, precisa o seu nome e contrasinal para iniciar a seguinte fase do ataque. A ligazón da aplicación na que fixeron click, semella exactamente igual que a páxina de entrada de Facebook, porén en realidade é unha copia aloxada noutra dirección.
Paso 3: Obter acceso total
Unha vez que o usuario premeu na ligazón e subministrou os seus datos de acceso, o suplantador xa ten pleno acceso á súa información persoal, así como dereitos para publicar información a través do seu perfil. Isto asegúralle que poderá difundir este ataque entre todos os amigos e familiares do usuario.
Despois de obter o permiso, o ataque dirixirase aos contactos da vítima e comezara de novo o proceso con novos usuarios.
Cando isto pasa, os profesionais da seguridade en liña aconsellan eliminar todos os permisos que o usuario lle dou á aplicación maliciosa, e posteriormente, cambiar o contrasinal.
Periodicamente, asemade, os especialistas recomendan cambiar o contrasinal e escoller un que non sexa doado de adiviñar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?