Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O uso de software ilegal sáelle caro ás empresas españolas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O uso de software ilegal sáelle caro ás empresas españolas

Raquel Noya
Publicado: 10/09/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

software_ilegal-6.jpgBusiness Software Alliance (BSA), a asociación que vela pola defensa dos dereitos de propiedade intelectual na industria do software en todo o mundo, vén de facer reconto do que lle custa ás empresas españolas usar software ilegal no canto de software baixo licenza e as cifras acadadas ascenderonada menos que a 76.271 euros só no primeiro semestre de 2010.
Isto significa que entre indemnizacións por perxuízos e regularizacións, o custe medio por cada ordenador intervido supuxo para as empresas españolas preto de 5.000 euros, en concreto 4.950 euros.
En total foron 92 os ordenadores intervidos con software pirata nos 6 rexistros realizados no primeiro semestre de 2010 e das 231 denuncias recibidas, a asociación levou a cabo un total de 153 accións legais contra empresas, distribuidores e entidades que vulneraron os dereitos de autor de software.
Como consecuencia destas accións, as compañías españolas implicadas tiveron que facer fronte a un total de 457.624 euros en custes, un 7,7 por cento máis que no mesmo periodo do ano anterior.
O custe total obtense da suma do valor das indemnizacións por perxuízos polo software pirata detectado, que ascendeu a 257.659 euros, e os 199.965 euros por regularizacións por adquisición de software legal para substituir ao ilegal intervido e poder continuar así coa actividade da empresa, e sen incluir os custes dos procesos xudiciais.
Segundo afirma Luis Frutos, o presidente do comité español de BSA, “estas cifras poñen de manifesto o caro que lle pode sair a unha empresa o emprego de software fraudulento, xa que empurradas polo suposto aforro, arríscanse adquirindo software sen licenza”. “Lonxe de aforrar”, engade, “o resultado de empregar software sen licenza pode supoñer unha importante perda económica, sen contar os riscos engadidos para a operatividade, a competitividade e a reputación da empresa”.
Xa que logo, e co obxectivo de tentar cambiar esta falsa percepción “tan arraigada en España”, dende BSA levarán a cabo, ao longo deste ano, varias campañas de sensibilización dirixidas ás pequenas e medianas empresas, centradas en mostrar de maneira clara os riscos aos que se enfrontan as mesmas se deciden empregar software sen licenza, asi como os beneficios que reporta o uso de software propietario.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?