O Consello de Ministros, reunido recentemente para darlle luz verde a unha serie de proxectos que se viñan xestando dende o Executivo, vén de propiciar a sinatura de dous convenios entre o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e a Empresa Nacional de Innovación (ENISA) polos que destinará ata 84 millóns de euros á financiación de pequenas e medianas empresas (Liña PYME) e empresas de base tecnolóxia (Liña EBT).
En concreto, o importe aprobado para a liña EBT, que é o que máis lle interesa ás entidades de base tecnolóxica do noso páis, é de 13.921.000 euros, que servirán para axudar ás empresas que se acollan á devandita liña.
A liña EBT foi creada na Lei 6/2000, de 13 de decembro, e o importe acumulado dende a primeira Liña EBT 2001 ata os nosos días é de 124 millóns de euros.
A través da sinatura deste convenio, ENISA comprométese a proporcionar financiación a longo prazo ás pequenas e medianas empresas, sobre todo ás que aposten pola innovación, especialmente nas etapas de crecemento e expansión inicial.
O Goberno Central financiará a creación de empresas de base tecnolóxica
Compartir Este Artigo

