Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Optare Solutions lanza a comunidade Natural Born Telco
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Optare Solutions lanza a comunidade Natural Born Telco

Fernando Sarasketa
Publicado: 22/03/2011
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

optare_natural_born_telcos.jpgA empresa galega Knowledge Investors vén de desenvolver para Optare Solutions un concepto-marca-comunidade dirixido a dar acubillo, por enteiro, á longa experiencia da segunda das compañías en materia de telecomunicacións a tódolos niveis, traxectoria que (por certo) foi obxecto de recoñecemento por parte de Gartner, que a nomeou “Cool Vendor in Telecom Operations Management Systems, 2010”. O proxecto que están a presentar, chamado Natural Born Telco, é unha unión de termos e conceptos. Por unha banda achégase como imaxe identificativa da propia firma Optare e, pola outra, deste proxecto tecnolóxico-innovador no que está mergullada, Natural Born Telco, un proxecto que ten un aquel de comunidade en liña.
En palabras da firma viguesa, búscase a través disto poñer en contacto a persoas interesadas en traballar no sector e coidar a relación con elas, pondo a primeira pedra do que será un colectivo de seareiros do mundo das operadoras.
Esta comunidade en liña estará aberta a tódalas posibilidades 2.0 que nos veñan á cabeza: comunicación, busca de información, intercambio de intereses comúns e mesmo opción de construír proxectos ombro con ombro. En certa maneira, é unha prolongación natural do departamento de recursos humanos de Optare, alternativa ás canles tradicionais de busca de profesionais e moito máis certeira porque permite un contacto directo e prolongado.
Créase así unha comunidade común para a empresa, os seareiros das telecomunicacións e os futuros candidatos, sendo un dos obxectivos da compañía “mimar á xente que ten na compañía e tamén aos que virán no futuro, facendo que os candidatos poidan sentirse parte da comunidade”.
O proxecto, ao que chegamos vía SectorTICgalicia, está á vista de quen queira velo en múltiples canles. Por exemplo na web de seu, no grupo de LinkedIn, no sitio propio de Facebook, no perfil Twitter @natborntelco, na canle específica de Slideshare e, ao longo destes días, no espazo do Foro Tecnolóxico de Emprego da Universidade de Vigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?