Krasis, a través da súa liña editorial Krasis Press, acompaña unha vez máis a Microsoft no anuncio das súas novas tecnoloxías, e a poucos días da estrea oficial de Windows Phone 7.5 Mango, publica o seu título Windows Phone 7.5 Mango – Desarrollo Silverlight, obra dun dos maiores expertos nesta área, Josue Yeray Julián.
Deste xeito, aparece no mercado editorial cando se lanza a nova tecnoloxía móbil Microsoft, o primeiro e único libro escrito e publicado sobre Windows Phone 7.5 Mango. Completo, útil, práctico e escrito por un dos principais expertos na plataforma, Josue Yeray Julián, facilitará a creación de aplicacións avanzadas para os dispositivos móbiles de Microsoft.
Este libro ofrece información para desenvolver aplicacións en Windows Phone 7.5 con Silverlight, C# e as ferramentas gratuítas de Microsoft. Sen dúbida, converterase nunha obra indispensable para o que queira aprender a programar para a plataforma móbil de Microsoft.
Ademais, o libro vai acompañado dun agasallo, cortesía de Microsoft, aos 50 primeiros que o adquiran: un cupón valorado en 99 dólares para acceder durante un ano ao Marketplace de Windows Phone para desenvolvedores, algo indispensable para poder distribuír aplicacións aos teléfonos con Windows Phone 7.5.
As máis de 100 aplicacións de exemplo listas para ser utilizadas que se entregan no libro ou a lectura íntegra do primeiro capítulo de balde, son dúas dos factores que incrementaron a gran aceptación que está a ter este último título Krasis Press, que está á venda por 40 euros + IVE en soporte físico, podendo adquirirse en PDF por 28 euros ou ambas versións por un prezo conxunto de 45 euros.
Krasis Press edita o primeiro libro sobre o desenvolvemento para Windows Phone 7.5 Mango
Compartir Este Artigo
