
Classora Finance tamén incorpora listaxes de países ordenados por diferentes indicadores economico-financeiros (renta per cápita, PIB, taxa de paro…) e pode considerarse coma un clon de Classora Sports, trasladando a ferramenta ao mundo financeiro.
Os datos que achega Classora Finance das empresas que cotizan no IBEX-35, Dow Jones, NASDAQ-100 e NASDAQ Composite son o número mensual de operacións de compra-venda de accións, o prezo por acción a final de mes e a revalorización das accións mes a mes, mentres que tamén facilita a consulta de informes como:
· Renta per cápita e PIB de países segundo o Banco Mundial
· PIB das comunidades autónomas
· Renta per cápita e PIB dos estados de EE.UU.
· Taxa de paro en todas as comunidades autónomas de España, nos países da UE, EE.UU. e Xapón
· Datos demográficos de países segundo o Banco Mundial
· Datos demográficos de concellos, provincias e comunidades autónomas de España
· Infraestruturas como estradas pavimentadas, pontes, trens de alta velocidade, aeroportos… segundo o Banco Mundial e outras fontes oficiais
· Información sobre recursos naturais (como praias con bandeira azul por comunidade autónoma)
Classora estrea unha aplicación financeira para móbiles
Compartir Este Artigo

