O pasado venres a Asemblea Xeral Extraordinaria do Cluster TIC Galicia que tivo lugar en Compostela elixiu a Gerardo Crespo Riestra (Grupo Azetanet) como presidente da entidade, sucedendo a Rafael Valcarce Baiget (Arteixo Telecom), o que marca unha nova etapa no Cluster TIC, sinalando o novo presidente que iniciará de inmediato un ciclo de conversas con todos e cada un dos membros da entidade, e insistiu en que será un presidente dialogante que respectará as diversas “idiosincrasias e personalidades” que se dan no Clustar”.
Crespo tamén quixo destacar que o obxectivo do Cluster TIC Galicia é “que Galicia teña un sector TIC forte e capaz de tirar da economía do país” xa que “o noso sector debe ser protagonista, xa que é o maior referente de valor engadido e innovación”.
Na Asemblea tamén constituíuse un novo Comité Estratéxico, integrando polos seguintes membros: – Enrique de Miguel Ilarri (2MARES DEMIL, S.L.) – Margarita Ordoñez Novo (GECRERI, S.L. -AZETANET-) – Cesar Blanco Gomez (ACADEMIA POSTAL 3 VIGO, S.L. – José Antonio Román Jiménez (SIVSA SOLUCIONES INFORMÁTICAS, S.A.U.) – Alejandro Morán Marco (EVERIS SPAIN, S.L.) – Antonio Rodríguez del Corral (R CABLE Y TELECOMUNICACIONES GALICIA, S.A.) – Gerardo José García Alvela (SISTEMAS AUDIOVISUALES ITELSIS, S.L.) – José Álvarez Dafonte (FEMXA FORMACIÓN, S.L.) – José Manuel Otero López (DISASHOP, S.L. -DISA CONSULTING-) – Juan Marín Cruzado (MATCHMIND.S.L.U. -TELVENT-) – Santiago Cárdenas Botas (TECNOCOM TELECOMUNICACIONES Y ENERGÍA, S.A.) – Jorge Cebreiros Arce (INEO) – Ramón María Lois Santos (AMETIC) – Jesús Rodríguez Castro (COLEXIO PROFESIONAL DE ENXEÑARIA EN INFORMATICA DE GALICIA) – Ricardo Fernández Fernández (COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS DE TELECOMUNICACIÓN GALICIA)
Elixen a Gerardo Crespo como novo presidente do Cluster TIC Galicia
Compartir Este Artigo
