Os usuarios de Facebook estarían separados socialmente por unha media de 4 graos (estreitándose tal distancia no tempo)Nos anos Stanley Milgram realizou un experimento para demostrar que calquera persoa está separada socialmente doutra calquera do mundo por un número reducido de conexións, o que comunmente se coñece como a teoría dos 6 graos de separación (termo nacido nun relato curto do autor húngaro Frigyes Karinthy), e agora dende Facebook están a replicar a experiencia tomando como referencia os 721 millóns de usuarios activos no seu servizo (o que sería máis do 10% da poboación mundial) cuns 69.000 millóns de relacións entre eles, chegando á conclusión de que o número de saltos para conectar socialmente a dous usuarios de Facebook non sería de 6, senón que teríase reducido a 4, aínda que con este estudo non podemos esquecer que, pese a estarmos ante unha base de datos moi representativa, existe certo nesgo na mesma que habería que corrixir para poder trasladar os resultados á poboación xeral. Nesta análise hai detalles sobre os usuarios de Facebook realmente interesantes, como que só o 10% dos seus usuarios ten menos de 10 amigos, o 20% menos de 25 amigos e o 50% supera o cento de amigos. De feito, a media de amigos en Facebook sería de 190. Pero esta situación tamén muda no tempo, e o estudo reflicte como distancia para conectar a 2 usuarios de Facebook en 2008 era dunha media de 5,28, mentres que hoxe sería de 4,74 e, se reducimos as comparacións a un único país (como EE.UU., onde se realizara o experimento de Milgram inicialmente) teriamos que os graos de separación serían de só 3, dando a impresión de que, aínda que cada vez somos máis habitantes no mundo, tamén estamos máis conectados socialmente.