
En colaboración cos bancos locais e cadeas de distribución, Telefónica estenderá a carteira móbil para BlackBerry a 350 empregados na súa sede de Distrito Telefónica (Madrid), de xeito que os participantes neste ensaio poderán pagar dun xeito sinxelo e seguro co seu dispositivo BlackBerry, con só situándoo xunto a un lector. Polo momento, este sistema de pagamento móbil está a desenvolverse para os terminais BlackBerry Bold 9900, Curve 9360 e Curve 9380, que funciona co novo sistema operativo BlackBerry 7.
O conselleiro delegado de Telefónica, S.A., Julio Linares, asegura que elixiron a BlackBerry para esta experiencia piloto “pola seguridade que ofrece a plataforma”, mentres que Jim Balsillie, co director xeral de RIM, engade que a súa compañía está “comprometida en apoiar o avance da tecnoloxía NFC e a súas múltiples aplicacións no mercado”, sentíndose “orgullosos de participar neste importante piloto, que permite á xente utilizar os seus dispositivos BlackBerry en lugar das tarxetas físicas para os pagamentos móbiles e o acceso aos edificios”.
Telefónica e BlackBerry experimentan co uso do móbil como sistema de pagamento
Compartir Este Artigo
