Imaxe do xuízo contra Pablo Soto que tivo lugar en 2009Hai 3 anos e medio as discográficas Warner, Universal, Sony e EMI xunto a Promusicae xuntáronse para esixir 13 millóns de euros por danos e prexuízos a MP2P Technologies, empresa detrás de aplicacións de intercambios de ficheiros coma Blubster, Piolet e Omemo, por considerar que as actividades realizadas coas ferramentas desenvolvidas pola compañía de Pablo Soto son responsabilidade do seu creador en vez de corresponder aos seus usuarios, e agora o Xulgado do Mercantil nº 4 de Madrid desestima integramente a demanda e condena en costas aos demandantes, o que supón unha sentenza histórica ao considerar que facilitar o intercambio de música non supón infracción de ningún tipo (na liña de numerosas sentenzas anteriores). A defensa de Soto correspondeu aos letrados José Ignacio Aguilar, David Bravo e Javier de la Cueva, quen tamén levaron outros causas contra discográficas e entidades de xestión, coma os casos Sharemula e Indice-web.com (nas vías penal e civil respectivamente) deixando en evidencia as prácticas da industria discográfica contra o intercambio de ficheiros a través da Internet, por perseguir desproporcionadamente certas prácticas na defensa dos seus intereses particulares.