
Os premios teñen unha dotación total de 2.400 euros, e tamén recoñeceron os proxectos de Macías López (Universidade da Coruña) e Lilian Adkinson (Universidade de Vigo), polos seus traballos de construcións dun servidor externo para a televisión dixital interactiva (adquirido por R e actualmente en funcionamento) e un sistema de cifrado de documentos que pode aplicarse en Google Docs respectivamente.
Na categoría Técnica seleccionáronse 2 traballos: a aplicación web Angueira que busca mellorar a comunicación interna nas empresas e foi desenvolvida por Martín Padín (Universidade de Vigo) e un sistema de control mediante voz dun robot móbil elaborado por Jesús Pérez (Universidade da Coruña).
Unha solución contra o correo lixo gaña o 11º Concurso de Proxectos Tecnolóxicos
Compartir Este Artigo
