Para achegar resultados de maior calidade para os usuarios de Internet no móbil, Google anuncia o seu robot de exploración de contidos móbil, Googlebot-Mobile, que rastreará as versións móbiles de páxinas web, distinguindo os contidos para teléfonos tradicionais e para smartphones. Deste xeito, os usuarios de Internet móbil atoparemos antes os contidos adaptados aos nosos terminais, e incluso acelerarán o seu acceso saltando directamente ás páxinas optimizadas para móbiles, sen ter que pasar pola páxina intermedio que nos redirixe en moitos casos.
O novo robot de Google identifícase como un dispositivo móbil, polo que as páxinas web identificarano coma un móbil, e amosaranlle os mesmos contidos, polo que recomendan aos administradores de páxinas web con versión móbil boten unha ollada á súa configuración para comprobar que serán debidamente exploradas por Google, mellorando así a súa dispoñibilidade.
Google mellora a exploración de contidos web móbiles
Compartir Este Artigo
