
“Cun par de clics, o cliente destes negocios pode consultar e reservar a data e hora dispoñibles para a súa cita, sen necesidade de chamadas telefónicas nin de desprazamentos”, conta Abertal dende a súa web. Respecto ás devanditas sinxeleza e comodidade do sistema para as empresas, dicir que estas vantaxes baséanse, en parte, na posibilidade de tirarlle o máximo uso e sen que sexan precisos amplos coñecementos tecnolóxicos, ao que cómpre engadir o feito de que permite centralizar, nunha única ferramenta, a xestión das citas en liña, as telefónicas e máis as presenciais. Abertal, co fin de darlle visibilidade a isto, achega na súa web unha xanela á páxina do Psicotécnico Alfredo Brañas, onde se amosa con todo detalle un exemplo do novo sistema de cita.
Abertal estrea un sistema en liña de xestión de citas
Compartir Este Artigo
