
Silenus Consultoría, con sede na Coruña, é unha empresa centrada na achega de servizos profesionais ligados ás novas tecnoloxías da información e a comunicación. Tal e como vén demostrando na súa actividade de mercado, emprega a tecnoloxía como panca de cambio para a mellora dos procesos das empresas e co obxectivo de facer medrar a súa produtividade e tamén a súa competitividade.
Proinfo, pola súa parte, é unha firma de servizos cunha longa traxectoria no despregue e no mantemento de redes de telecomunicacións de fibra óptica, cable estruturado, sen fíos, etc.
A maiores destas actuacións, Itelsis informa da posta en marcha dunha nova iniciativa no sector das enerxías renovables e respectuosas co medio ambiente. Máis en detalle, trátase dun proxecto desenvolvido con outros socios do sector enerxético materializado nunha start-up, Smart Green Labs, que fornecerá ás firmas ligadas ao medio ambiente de modernas e eficaces tecnoloxías de comunicación, xestión e promoción.
Itelsis faise con participacións en dúas importantes empresas do sector TIC
Compartir Este Artigo
