
A nova achega, que se vai complementar con diversos traballos da RAG en materia de apelidos e cartografía, contará con máis de 50.000 entradas, o dobre cá versión anterior, segundo informou o académico Manuel González, coordinador do Seminario de Lexicografía da RAG (departamento responsable deste novo dicionario), quen engadiu que malia que o miolo do traballo xa está feito, estes días se están a levar cabo diversas tarefas técnicas para permitir as mellores condicións de acceso e emprego da súa versión en liña. Entre outras cousas, o novo dicionario inclúe datos de valor sobre a orixe dos termos e máis o rexistro oral no que se insiren. O novo volume achegarase en formato tradicional, en papel, nos meses vindeiros.
O novo dicionario da RAG, na Rede a vindeira semana
Compartir Este Artigo
