A pasada fin de semana puidemos ver un novo exemplo de rápida reacción da Rede ante unha nova de máxima actualidade como foi a do pasamento da cantante Whitney Houston, do que informou en primicia a publicación TMZ, que xa fixera o propio coa morte de Michael Jackson, e que explotou dun xeito feroz o tráxico acontecemento, sendo o primeiro medio en amosar imaxes do cadáver da cantante de R&B, nunha especie de todo vale na que unha completa rede de informadores a pé de rúa conseguen informacións rechamantes como os maltratos que padeceu Rihanna a mans de Chris Brown, ou a detención de Mel Gibson por conducir bébedo.
Tamén Twitter xogou un papel crucial, circulando información sobre a morte de Whitney Houston a poucos minutos de que acontecese, e converténdose tamén nunha plataforma que serviu para que tanto seareiros coma compañeiros de profesión (Mariah Carey, Christina Aguilera, Chaka Khan, Smokey Robinson, Queen Latifah…) puidesen amosar as súas condolencias polo prematuro falecemento.

A morte de Whitney Houston tivo un grande impacto na Rede
Compartir Este Artigo
