Espiar e publicar información privada de famosos pode saír caro, ou iso debe traducirse da causa xudicial emprendida contra Christopher Chaney, home de 35 anos de Jacksonville (Florida), que vén de ser atopado culpable de 9 delitos informáticos e de espiar as contas de correo electrónico dunhas 50 persoas de certa sona, entre as que figuran Christina Aguilera, Mila Kunis e, especialmente, Scarlett Johansson, da que apareceran fotografías persoais nas que podía verse á actriz espida. Chaney xa foi tomado baixo custodia e terá que facer fronte a cunha pena dun máximo de 60 anos de cadea.
Lonxe do que puidera parecer, as tácticas de Chaney para facerse co control das contas de correo de celebridades non foi outra que intentar facerse co contrasinal dos seus enderezos electrónicos a través dos formularios de recuperación do contrasinal, para os que é preciso responder a unha serie de preguntas das que é doado atopar a resposta na web.

Entre novembro de 2010 e outubro de 2011, Christopher Chaney fíxose con fotografías persoais, contratos, documentos confidenciais, guións cinematográficos e mesmo información sobre permisos de conducir e da Seguridade Social, segundo recolle a sentencia, o que debería levar a moitos a reflexionar sobre a seguridade das súas contas de usuario na Internet, pois demostrouse que incluso figuras públicas son susceptibles deste tipo de ameazas.
Ata 60 anos de cadea para a persoa que filtrou á Rede fotografías de Scarlett Johansson espida
Compartir Este Artigo
