Coma todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención á Biblioteca Dixital de Galicia, Galiciana, que busca facilitar e impulsar a preservación do noso patrimonio a través das novas canles e ferramentas.
Tamén abordamos outras temas como os seguintes: – Adianto de Xuventude Galicia Net 2012 – Nova páxina web da Real Academia Galega – Entrevista a Mar Pereira, directora da AMTEGA – InfoJC e Gradiant traballan para mellorar a accesibilidade no fogar dixital – Chega á Rede galega un novo medio informativo: Galicia24horas.es – A Deputación de Pontevedra presenta a súa nova arquitectura de sistemas – AS Computer reabre a súa tenda en Santiago – A primeira entrega do xogo galego AR-K chega ás tendas físicas
Novo número da nosa edición impresa
Compartir Este Artigo
