A xente de Google ten hoxe un día bastante movido, e tras a presentación oficial de Google Fiber anuncian unha nova prestación do seu buscador web para móbiles e tablets, a escritura táctil, característica que podemos activar nas preferencia da nosa conta de Google para poder realizar buscas dende o navegador do smartphone ou tablet escribindo as nosas consultas co dedo coma se fose un lapis na pantalla, levando unha función propia dos Tablet PC con stylus a trebellos con pantalla capacitiva carecen de tal funcionalidade integrada no seu sistema operativo.
Este novo sistema de realización de buscas a través de Google tamén ten certa intelixencia, non só no recoñecemento de texto, senón tamén na predición do mesmo, de xeito que con escribir co dedo unhas poucas letras en moitas ocasións atoparemos xa a suxestión do que queremos escribir, o que resulta moi cómodo e áxil para moitos usuarios que non están afeitos a escribir rápido en teclados virtuais.
Cómpre detallar que a escritura táctil funciona mellor no navegador web Chrome que nos seus competidores, estando xa dispoñible esta funcionalidade en dispositivos con iOS 5 ou superior, e móbiles con Android 2.3 ou superior e en tablets con Android 4.0 ou superior, soportando un total de 27 idiomas.
Vídeo de presentación da nova escritura táctil de Google
Google proba a escritura táctil no seu buscador web para móbiles
Compartir Este Artigo
