Até hai pouco os navegadores para estradas ofrecían en tempo real unha serie de rutas axeitadas para chegar a un destino, fornecendo da localización de puntos de interese de toda índole e indicándonos en todo intre a nosa situación exacta, entre outras cousas. O paquete de servizos podía ser máis ou menos completo, pero non se trataba de xeito extensivo, alén dos Estados Unidos, un elemento que afecta directamente a tódolos condutores, e máis nestas datas de fluxo viario común de bañistas que van e veñen: o estado da circulación nun treito polo que temos pensado pasar. O buscador Google, a través de Google Maps, vén de ampliar o seu servizo para verificarmos como anda tráfico nunha estrada en tempo real e dende os móbiles co sistema operativo do propio buscador, claro está, o Android.

A maiores, dentro deste eido de novidades, inclúese unha manchea de cidades de América Latina, como Rio de Janeiro, Fortaleza, Salvador, Bos Aires, Lima ou Bogotá; 20 cidades de China, e unha serie importante de vías interurbanas de Canadá, Reino Unido, Alemaña, Italia, México ou a República Checa.
Google Maps amplía a súa cobertura de países e cidades con datos en tempo real sobre a circulación
Compartir Este Artigo
