
Este encontro de profesionais de distintos sectores que queren ampliar a súa rede de clientes, atopar novos socios estratéxicos ou crear sinerxías, organízase en un máximo de 15 citas de 7 minutos cada unha pola mañá e unha presentación de 3 proxectos por parte de Dolores Martínez (Fundación Novacaixagalicia), Marta Bouso de Sergio (Soluciones informáticas para Eventos) e Manuel García (Zarpamos).
As empresas interesadas en participar poderán inscribirse de balde no evento ata o 20 de setembro. Tras a parada na Coruña, o 19 de outubro o evento trasladarase a Santiago de Compostela e incluso terá unha edición a nivel estatal en Madrid o 26 de outubro.
Galicia en Coworking volve á Coruña esta semana
Compartir Este Artigo
