Imaxe do Consello da Xunta de hoxeNo Consello da Xunta celebrado esta mañá en San Caetano presentouse un informe sobre a posta en marcha do novo Centro de Proceso de Datos Integral (CPDI) da Administración autonómica dende o que comezaron a prestarse os servizos da web institucional da Xunta e do Diario Oficial de Galicia, para ir integrando paulatinamente preto de 3.000 aplicacións dende os seus 2.000 servidores informáticos. Para xestionar toda esta información e garantir á seguridade e a dispoñibilidade dos servizos o Centro contará cunha capacidade inicial de almacenamento de 1,9 petabytes, o equivalente a máis de 593.000 millóns de páxinas. O CPDI está instalado no soto do Edificio de Servizos CentraisEsta nova instalación está situada no Edificio de Servizos Centrais da Cidade da Cultura, onde centraliza as funcións dos 80 centros de procesos de datos cos que conta a Administración galega actualmente, e dos que o 90% carecen de capacidade de crecemento e están afectados por problemas de refrixeración, dispoñibilidade e elevado consumo, problemas que están a paliarse coa súa centralización, o que podería supor unha redución do 27% do custo eléctrico, un aforro do 30% en hardware e mantemento, así como unha reorganización dos espazos liberados nos edificios administrativos da Xunta, o que podería supor no seu conxunto un aforro anual de 3 millóns de euros, de xeito que, tras a consolidación desta infraestrutura, podería amortizarse en menos de 2 anos. As instalacións do CPDI permitirán a instalación de servidores cunha capacidade de almacenamento inicial de 1,9 PbO CPDI forma parte dos compromisos da Axenda Dixital de Galicia 2014.gal como infraestrutura chave para a dixitalización da Administración e para garantir a prestación de servizos esenciais como a Sanidade, a Xustiza e a Educación. A sede da Axencia para a Modernización de Galicia (AMTEGA) tamén pasan a estar no Gaiás, onde traballarán 100 dos 286 tecnólogos integrados na AMTEGA, polo que agora as instalacións da Cidade da Cultura gozan de todo un Centro de Innovación e Modernización Tecnolóxica que servirá de referente da unificación dos recursos tecnolóxicos da Xunta para a súa optimización a distintos niveis.