Rematando o verán, esta semana chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que é posible consguir de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención á Oficina Virtual Agraria impulsada pola Consellería de Merio Rural para atender ás consultas e trámites do sector agroalimentario.
Tamén destacamos outros temas como: – Sphenia lanza unha estratexia para tirar partido da Rede – Academia Postal aposta pola formación en liña – Medran as familias con acceso á Rede na nosa terra – A Xunta pon en marcha medidas para levar a Rede ao máis afastado – Inproxect: solución galega de crowdfunding – O proxecto NACCE comeza o seu calendario de foros de innovación – Galpón lanza Minino 2.0 e medra a presenza do software libre nas empresas galegas – O Camiño contará cun observatorio achegando información da Rede – A Deputación de Pontevedra presenta un noso sistema de control horario e portal do empregado – RetroCoruña xunta aos nostálxicos da informática en Sada
Novo número da nosa edición impresa
Compartir Este Artigo
