
Para dar resposta a esta demanda a Axencia de Modernización Tecnolóxica (AMTEGA), que xestiona a Rede, pon en marcha a posibilidade de que aquelas asociacións, fundacións e organismos públicos e privados, que así o desexen, poidan participar como Entidades Colaboradoras de CeMIt mediante a compartición de recursos e o intercambio de información e experiencias que impulsen a sociedade da información en Galicia.
O obxectivo é que mediante a coordinación e posta en común de accións e programas se creen as sinerxías necesarias que permitan unha optimización dos recursos aportados, o que beneficiará tanto á Rede CeMIT, como ás entidades colaboradoras e á poboación usuaria da Rede.
Aquelas entidades interesadas en fomentar a sociedade da información en Galicia, poderán colaborar coa Rede CeMIT mediante a modalidade que lle resulte máis axeitada. Así as entidades colaboradoras poderán empregar a infraestrutura da Rede CeMIT para a difusión dos seus proxectos en materia de alfabetización dixital ou ben do propio Catálogo de servizos e do Plan de Formación da Rede CeMIT.
Outra posibilidade será que Entidade colabore coa Rede CeMIT na adopción, xeración e implantación de novos contidos, servizos e iniciativas para á sociedade galega, ou que que achegue a súa infraestrutura á Rede CeMIT para a realización de actividades do Catálogo de servizos ou do Plan de Formación.
Os organismos interesados en seren entidades colaboradoras CeMIT poden recorrer ao formulario que dispoñible na páxina web das Iniciativas de Modernización e Innovación Tecnolóxica.
A Rede CeMIT ábrese á colaboración de entidades públicas e privadas
Compartir Este Artigo
