Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: The New York Times asegura que os usuarios avergóñanse das súas BlackBerry
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

The New York Times asegura que os usuarios avergóñanse das súas BlackBerry

Marcus Fernández
Publicado: 16/10/2012
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Rachel Crosby recoñece que non amosa a súa BlackBerry en eventos sociais e xuntanzas para evitar que a xulguen
Rachel Crosby recoñece que non amosa a súa BlackBerry en eventos sociais e xuntanzas para evitar que a xulguen
Esta semana está a causar certo rebumbio un artigo de Nicole Perlroth para o The New York Times no que definen a BlackBerry como unha ovella negra, a tenor dunha conversa con Rachel Crosby, representante de vendas en Los Ángeles que recoñece agochar o seu terminal BlackBerry en eventos sociais e xuntanzas por medo a que se algún cliente o vexa a xulgue negativamente. Esta postura contrasta coa boa acollida que tiveran as BlackBerry hai uns anos, converténdose en produtos de elite que foron perdendo relevancia fronte ao iPhone e aos novos móbiles con Android e, aínda que actualmente RIM continúe a vender ben en mercados emerxentes, nos EE.UU. está a pasar por horas baixas, con menos do 5% de cota de mercado (cando hai cousa de 3 anos dominaba a metade do mercado de smartphones).
No último ano moitas das empresas que permanecían fieis as BlackBerry sucumbiron ante as demandas dos seus empregados e deron o salto ao iPhone ou a móbiles con Android, e incluso Goldman Sachs ou a Casa Branca, que apostaban por BlackBerry pola súa seguridade, xa levan un tempo empregando o smartphone de Apple.
usando_blackberry-2.jpgTal parece ser o rexeitamento que espertan actualmente as BlackBerry que o músico Craig Robert Smith asegura que “os usuarios de BlackBerry son como os usuarios de MySpace. Probablemente continúen a chatear en AOL Instant Messenger”, declaración que deixa claro que non é que as BlackBerry sexan malas, senón que para certos grupos sociais son xa cousa do pasado, chegando a tratar aos seus usuarios con desprezo e humillándoos publicamente, mentres que os usuarios de smartphones máis modernos poden navegar pola web a meirande velocidade, utilizar a navegación GPS, facer uso de numerosas aplicacións sociais e tomar fotografías de alta resolución, mentres que os usuarios de móbiles de RIM permanecen alleos a toda unha revolución que xa non é nova, senón que está nunha fase de consolidación.
De todos os xeitos continúa a existir xente que opta por BlackBerry como unha solución áxil para escribir correos electrónicos en mobilidade grazas ao seu teclado físico, á vez que consideran bastante prescindibles a meirande parte das aplicacións móbiles que só teñen unha utilidade moi puntual. Haberá que agardar uns meses para ver se co lanzamento de BlackBerry 10, os usuarios fieis de RIM poden ver premiada a súa paciencia, ou se o mercado continúa a dar as costas a unha plataforma sólida e solvente que simplemente perdeu o favor do público.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?