
A idea é manter o espírito das anteriores edicións pero atendendo ao cerne mesmo da actualidade e da vangarda tecnolóxica: mobilidade, computación na nube, seguridade das redes, redes sociais, cidades dixitais ou fogares en liña.
O obxectivo, sinala Miguel Merino, é tirar partido da oportunidade profesional e colaborativa que achega GaliciaTIC para entrar de cheo “na Sociedade 3.0, xa que esta tomou xa o relevo do sector empresarial en canto a empurre e emprego da tecnoloxía, o que está implicando cambios na mesma definición dos usuarios e impulsando dende abaixo a verdadeira empresa dixital”. Este cambio no consumidor/empregado, engade Merino, tamén muda os esquemas tradicionais de definición e de deseño de novos dispositivos.
A xornada servirá polo tanto para presentar as máis importantes claves e solucións actuais para a xestión do rendemento corporativo, a aposta polo sostible e a oportunidade de aplicar estas novas tecnoloxías. “A través do desenvolvemento de relatorios, paneis temáticos, presentacións de casos de éxito e obradoiros de uso, daranse a coñecer novos conceptos, ferramentas e tecnoloxías”, fai saber Merino, que salienta que para nova edición, a décima, cóntase de novo “cun elenco de excelentes conferenciantes e profesionais de recoñecido prestixio que ao longo da xornada tentarán sintetizar o coñecemento actualizado da materia, as últimas tendencias na xestión de procesos de negocio, das aplicacións tecnolóxicas e os factores clave para un impulso empresarial sostible”.
A produción tecnolóxico-dixital galega, ao detalle en GaliciaTIC2012
Compartir Este Artigo
