
A iniciativa, informa o CESGA, prolonga e amplía a liña de investigación comezada dende o centro galego en 1998 sobre a aplicación das novas tecnoloxías para a mellora do ensino e a colaboración no eido rural, traballo que deu os seus bos froitos, por exemplo, no proxecto Escolas rurais virtuais para a computación na nube, integrado no Colexio Rural Agrupado de Boqueixón-Vedra e gañador do certame Educared polo seu carácter útil e innovador.
Lembrar que no proxecto MoveIT, o CESGA participa como institución transferidora de tecnoloxía, “debido á súa exitosa experiencia e achega de solucións de e-learning noutros proxectos europeos, coma o YES (Youth Employment Support, Apoio ó Emprego Xuvenil)”, engade o centro galego. O CESGA transferirá despois a tecnoloxía e as ferramentas tecnolóxicas axeitadas para que o plataforma poida ser empregada en proxectos de formación telemática desas institucións, mesmo despois de setembro de 2014, cando rematará o proxecto.
Unha ducia de representantes das distintas institucións involucradas en MOVE IT reuniranse en Santiago de Compostela os días 30 e 31 de outubro para comezar coa distribución de tarefas do proxecto e lanzalo así oficialmente. “Durante dous anos”, sinala o CESGA, “analizarán como crear contido de calidade para o alumnado que acceda a distintos cursos a través da teleformación, e buscarán os mellores xeitos de facilitar apoio do profesorado e a colaboración de estudantes entre si para que o feito de que o ensino non sexa presencial non supoña ningún problema”.
Profesionais do CESGA e doutros centros europeos unen forzas para afianzar as tecnoloxías móbiles no e-learning
Compartir Este Artigo
