
O proxecto, como dixemos o outro dia, céntrase na integración de servizos de banda larga terrestres e por satélite para que a experiencia de usuario poida ser moito mellor que a que se consegue na actualidade, especialmente naquelas zonas con difícil cobertura.
A firma Optare, emprazada no Parque Tecnolóxico de Vigo, é responsable, entre outras cousas, da comunidade Natural Born Telco, unha iniciativa dirixida a favorecer o contacto e a colaboración entre persoas interesadas en traballar no sector das TIC e das Telecomunicacións e coidar a relación con elas, pondo a primeira pedra do que será un colectivo de seareiros do mundo das operadoras.
Lembrar que Optare ten unha ampla experiencia en servizos de enxeñaría de telecomunicacións, tecnoloxías do coñecemento e novas canles de traballo (como a devandita Natural Born Telco).
A galega Optare Solutions participa no proxecto europeo BATS
Compartir Este Artigo
