Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Apalpador consolida a súa presenza na nosa Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Apalpador consolida a súa presenza na nosa Rede

Fernando Sarasketa
Publicado: 19/12/2012
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

apalpador_web.jpgA Rede galega reborda estes días de mensaxes, informacións e reclamos de Nadal, pero non todas se refiren aos cada día máis atarefados e sobre-reflectidos Reis Magos ou Santa Claus. Con cada ano que pasa, afiánzase, sen lugar a dúbidas, a nosa achega propia a estas festas: a figura de O Apalpador, un personaxe que non ten a axenda tan apertada coma os devanditos e que está a ser elixido por centos de cativas e cativos para escoitar os seus devezos e arelas para o novo ano. Ademais, contándose coa vantaxe de telo ben pretiño: en troques de vir da xeada Laponia, vén das montañas de O Courel. Na Internet, como dixemos, o seu recanto tamén se consolida. Sen ir máis lonxe, vimos de descubrir, a través do blog Falando enténdese a xente, un espazo de seu, opalpador.tk, moi ben deseñado por A Webeira, e que resume boa parte do que estamos a contar, como un sitio máis ou menos oficial da figura do carboeiro da montaña de Lugo.
Esta web inclúe, entre outras cousas, a canción e máis o vídeo de O Apalpador e foi posta en marcha para promover no mundo a súa figura, responder tódalas respostas posibles e, ademais, abrirnos as portas cara a outros sitios web onde tamén se fala del.
E para resolver calquera dúbida sobre a súa existencia e dispoñibilidade, amais de para estender a súa presenza nos nosos computadores, dende a web da marca O Visio están a lanzar material descargable sobre O Apalpador, reivindicando a figura do carboeiro galego e, xa que se trata dun punto en liña de distribución de prendas cen por cen galegas, o axeitado da súa feitura externa e bo tino do carboeiro á hora de vestirse (con cores verde/marrón que lle acaen mellor á nosa terra cás vermellas e brancas do Nadal máis estendido polos medios e as grandes marcas). Ao fío disto, O Visio fornece figuriñas virtuais para empregarmos como mellor nos conveña, descargables tamén en forma vectorial para os nosos traballos de deseño.
Pero hai máis. Dende o Portal da Lingua cóntasenos que o xornal dixital Galicia Confidencial puxo en marcha unha campaña de promoción para lectoras e lectores que consiste en agasallalas/os cun boneco de O Apalpador, feito por Rumboia Xoguetes, de formalizaren unha subscrición ao xornal.
A maiores, tamén hai vídeos en YouTube, como por exemplo a achega audiovisual (e pictórica) feita pola rapazada do CEIP da Nosa Señora de Xuvencos de Boborás (Ourense), na que se nos conta a historia do carboeiro. Asemade, dende o CEIP Coirón Dena de Meaño, chéganos estoutro vídeo sobre as andainas do devandito habitante das montañas galegas. Por outra banda, e seguindo cos importantes traballos levados a cabo dende os centros de ensino, salientar a achega feita dende o CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos, na que se nos convida a enviarlle unha carta ao carboeiro do Courel.

Vídeo coa historia do Apalpador

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?