Coincidindo coa celebración da Worldwide Jellyweek 2013 que se desenvolverá entre os días 14 e 20 deste mesmo mes, o espazo de coworking sito en Novo Mesoiro (A Coruña), WekCo, organiza as súas primeiras xornadas de portas abertas para dar a coñecer as súas instalacións e as vantaxes da filosofía do coworking.
As Jellyweek son xuntanzas celebradas simultaneamente en todo o mundo durante os días indicados e que poden adoptar distintos formatos (obradoiros, debates, hackatons…) que buscan fomentar a cultura emerxente dos novos xeitos de traballo e colaboración para fornecer ás comunidades locais de todo tipo e construír novas amizadas e estruturas de colaboración, e que no caso coruñés concrétase en acceso libre aos espazo de WekCo entre os días 14 e 18 de 9:00 a 19:30 horas (podendo participar en cafés de coworking ás 11:30 e 17:30 horas de cada día) e nunha serie de eventos como un xantar para practicar inglés, relatorios sobre ferramentas en liña que poden axudar no desenvolvemento profesional, o uso do correo electrónico certificado ou o valor do networking e o asociacionismo empresarial como chave de negocio, que repartiranse durante a semana que vén seguindo o programa detallado no seguinte cartel:
WekCo celebra as súas primeiras xornadas de portas abertas
Compartir Este Artigo
