Hai cousa dun ano o Xulgado de Instrución nº 3 de Ferrol sobreseu a causa contra as páxinas web estrenosdivx.com, limitedivx.com e limitetracker.com nun auto que partía dunha denuncia particular ante a Brigada de Investigación Tecnolóxica do Corpo Nacional de Policía en 2006, que acadara grande repercusión mediática (grazas a unha operación policial con 10 detidos e a clausura de 21 sitios web), e tras o recurso interposto polo Ministerio Fiscal, a Audiencia Provincial Sección nº1 de A Coruña confirma o arquivo da causa como aconteceu en bastantes casos semellantes nos que conclúese que publicar ligazóns a través da Internet non constitúe delito.
Contra este último auto non cabe recurso, polo que ponse fin a moitos anos de loita xudicial sobre un caso que parecía claro dende o comezo, e que pon en evidencia o erro estratéxico das industrias do lecer electrónico e o software ao intentar protexerse da práctica do P2P pola vía penal durante varios anos, de xeito que a vía civil aínda queda pouco explorada e a chamada Lei Sinde continúa sen dar os seus froitos.
Arquivan definitivamente a causa contra estrenosdivx.com
Compartir Este Artigo
