
Na investigación, feita para albiscar a viabilidade de empregar os quioscos de prensa como dispensarios de e-compras, participaron consumidores, tendas de e–commerce, operadores loxísticos e quiosqueiros de prensa. Amais do devandito, serviu para demostrar que unha boa parte dos usuarios da Rede prefire a opción de recoller os seus artigos nos devanditos puntos de distribución por riba da alternativa máis tradicional de recibilos por mensaxeiría (o 73% fronte ao 27% do mensaxeiro), en boa medida para evitar o problema de posibles ausencias do comprador ou problemas de comunicación de calquera índole. O estudo tamén subliña a posibilidade de elección do día e hora de recollida por parte do consumidor, (é dicir, un 66% fronte ao 34% da mensaxería); e a adecuación dos horarios dos puntos de conveniencia ao consumidor, (un 63% fronte ao 37%). Segundo os consumidores, os produtos culturais, libros, música, etc. son os máis axeitados para a súa entrega en quioscos, aínda que non se descartan outros produtos como a electrónica de consumo ou pezas de vestir.
Os internautas ven con bos ollos empregar os quioscos como puntos de recollida das súas compras na Rede
Compartir Este Artigo
