Ata o momento os servizos de Google ofrecían distintos límites de almacenamento, de xeito que podiamos gardar ata 10 Gb de mensaxes en Gmail e 5 Gb de datos en Google Drive e nas fotografías de Google+, o que resultaba bastante confuso para os usuarios, polo que decidiron unificar o sistema, de xeito que agora os 15 Gb en total están dispoñibles simultaneamente para os 3 servizos mencionados, sendo o usuario libre de decidir como reparte o uso que fai do seu almacenamento na nube.
Deste xeito, os usuarios que recibiren pouco correo electrónico terán moito espazo de almacenamento en Drive e viceversa, aplicándose esta nova política tamén para os usuarios que adquiran almacenamento adicional (Google cobra actualmente 20 dólares/ano por 80 Gb de almacenamento, 4,99 dólares/mes por 100 Gb de capacidade e 9,99 dólares/mes por 200 Gb de almacenamento).
A fusión das capacidades de almacenamento de Google realizarase nas vindeiras dúas semanas, e como principal vantaxe ten que os usuarios que contraten espazo adicional non terán como límite máximo da súa capacidade en Gmail nos 25 Gb, senón que será o seu tope de almacenamento contratado, o que agradecen especialmente algúns usuarios corporativos que moven ficheiros de grande tamaño a través do correo electrónico.
Google fusionará as capacidades de almacenamento de Gmail, Drive e Google+
Compartir Este Artigo
