Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega incluímos unha Guía para o Inicio da Actividade dirixida a emprendedores do ámbito tecnolóxico achegada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia.
Tamén destacamos outros temas como: – A Axenda Dixital 2014.gal encamiñou 893 millóns de euros dende 2009 – Voluntariado Dixital, elixido pola U.E. como exemplo de boa práctica de inclusión social – Intermax converte o Pazo de Feiras de Lugo en Pazo Dixital – O CITIC desenvolve técnicas para afinar a puntería nas buscas en liña – Celebración na sede do CESGA do Día das Mulleres nas TIC – Gradiant desenvolve tecnoloxías para unha nube máis protexida – Falamos cos presidentes do CPEIG e CPETIG sobre a polémica ao redor da Lei de Servizos Profesionais
Novo número da nosa edición impresa
Compartir Este Artigo
