Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración do 20º aniversario do primeiro superordenador do Centro de Supercomputación de Galicia e falamos co director do CESGA.
Tamén destacamos outros temas como: – A Tecnópole presenta os seus campamentos tecnolóxicos para a nosa mocidade – O CPETIG organiza en xuño charlas sobre como protexer aos menores na Rede – O portal da Axencia Tributaria de Galicia – Vodafone leva ao futuro da comunicación os estadios de Balaídos e Riazor – Congreso Igaciencia sobre software libre – O CITIC desenvolve software con técnicas numéricas para resolver problemas matemáticos – O Parlamento aproba a primeira Lei de Telecomunicacións de Galicia – Bueu acolle a segunda edición do Festival Social Media de Galicia, MexilOnseTuits
Novo número da nosa edición impresa
Compartir Este Artigo
