O vigués Jairo de la Fuente, inspirándose nunha serie de televisión na que podía verse a un teléfono móbil percorrendo o mundo recollendo contidos audiovisuais por parte das moitas mans polas que pasa, lanzou un proxecto chamado I Trust You, que consistir na entrega dun smartphone a un amigo que vaia moverse dun país a outro, para que empregue o móbil para realizar fotografías do que considere oportuno (amigos, monumentos, paisaxes…), gravar un vídeo explicando a experiencia e compartir eses contidos co mundo para pasar logo o terminal a outra persoa que continúe a cadea ata que o móbil dea a volta ao mundo e remate nas mans do organizador desta iniciativa, que basea toda a experiencia na confianza na boa vontade das persoas.
A través da páxina web desta iniciativa irase facendo un seguimento do smartphone, que vén equipado cunha carcasa personalizada para que, en caso de perda, sexa posible recuperar o dispositivo para continuar a súa viaxe. Os participantes no proxecto deberán evitar empregar o smartphone para enviar mensaxes de texto ou chamar por teléfono, limitándose a empregar o móbil para tomar fotografías, gravar vídeo e conectarse a unha rede Wi-Fi para poder remitir por e-mail as fotografías captadas.
I Trust You tamén poderá seguirse a través de Facebook e Twitter, principiando a viaxe do móbil en só un par de días.
Queren que un smartphone dea a volta ao mundo a través dunha cadea de confianza
Compartir Este Artigo
