Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración do Congreso Internacional sobre Territorios Creativos en Ourense, dando conta dos obxectivos do congreso e detallando algúns proxectos relacionados co mesmo.
Tamén destacamos outros temas como: – Gradiant expón os seus últimos achados en simulación e na Internet das cousas – Entrevistamos a Fernando Suárez, presidente do CPEIG – As microempresas galegas acadan a media estatal en dispoñibilidade de ordenador – AMTEGA pon en marcha o blog Xente Dixital – O dominio .gal será unha realidade – A Deputación de Pontevedra aposta pola introdución das TIC na administración local – Patrimoniogalego.net chega aos 4.000 bens inventariados
Novo número da nosa edición impresa
Compartir Este Artigo
