O operador galego de cable R estreou hai poucos meses o seu servizo de televisión de alta definición, prometendo que o software do seu novo receptor iría evolucionando paulatinamente incorporando novas funcionalidades e mellorando o seu funcionamento atendendo en boa medida ás demandas do público, e precisamente por iso veñen de renovar o software do descodificador HD que, aparte de corrixir defectos detectados (como mesturar información en español e galego na miniguía de programación), inclúe numerosas melloras e novidades.

Máis contidos en HD
R tamén está a ampliar a súa oferta de contidos en alta definición, de xeito que ás 15 canles actuais engade TNT HD, FOX Crime HD, AXN White HD, Cosmo HD e Viajar HD, facilitando así a posibilidade de ver máis documentais, películas e series de televisión en alta definición.

