Nos últimos anos os fabricantes surcoreanos de telefonía móbil conseguiron crear os seus propios selos ao redor do ecosistema Android, e mentres Samsung conseguiu dar grande fortaleza á súa marca GALAXY, LG intentou facer o propio coa súa familia de móbiles Optimus, pero hoxe anuncian un cambio de rumbo importante, pois o seu novo dispositivo insignia non será o LG Optimus G2, senón que responderá directamente ao nome de LG G2, de xeito que a gama de smartphones premium da compañía xa non terán o apelido Optimus.
O presidente e director xeral de LG, Jong-seok Park, asegura que “o novo G2 basearase na excelente reputación establecida polos anteriores produtos da serie G ”, á que considera “sinónimos de excelencia”. Dende LG tamén adiantan que os móbiles de alta gama de LG con pantalla 4:3 tamén pasarán a chamarse directamente Vu.
LG despídese da marca Optimus
Compartir Este Artigo
