As últimas investigacións de Strategy Analytics sobre o mercado dos tablets a nivel mundial durante o segundo trimestre do ano rexistrou un grande crecemento dos dispositivos con Android, tanto en números absolutos como relativos, cun total de 51,7 millóns de tablets colocados no mercado, dos que 34,6 millóns (o 67%) funcionarían con Android, mentres que no mesmo período de 2012 tal cantidade limitaríase a 18,5 millóns (51,4%).
Estes datos non sería moi positivos para Apple, que ve como, pese a ter o tablet de referencia no mercado, só colocou 14,6 millóns de unidades (28,3%) dos seus distintos iPad, cando en 2012 podía colocara 17 millóns de unidades, cunha cota de mercado do 47,2%, ou sexa, case empatado con Android.
De todos os xeitos cómpre destacar que a caída trimestral de Apple podería vir provocada en boa medida pola ausencia de novos iPad durante o trimestre analizado, pois as vendas da compañía de Cupertino tenden a acumularse tras os lanzamentos de novos dispositivos (aínda que o feito de ampliar a familia iPad co iPad mini debería ter compensado tal situación).
Na carreira polo mercado dos tablets consegue entrar nunha terceira posición Microsoft, con 2,3 millóns de tablets (4,5%), o que aínda é unha cota moi cativa, pero extraordinariamente superior á que tiña o ano pasado (o 0,5%) e moi superior tamén á que tiña o terceiro actor neste mercado o ano pasado (BlackBerry cun 0,9%), polo que Windows 8/RT podería rematar callando entre o público (aínda que achegarse ao volume de vendas dos seus competidores non vaia resultar doado).
Android dominiou o mercado de tablets durante o segundo trimestre do ano
Compartir Este Artigo
