Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ao acordo acadado entre o sector TIC e o Goberno autonómico para impulsar o desenvolvemento dixital de Galicia.
Tamén destacamos outros temas como: – Gradiant amosa interesantes aplicacións prácticas da súa tecnoloxía – Entrevistamos ao conselleiro de Economía, Francisco Conde – Monument Tracker lanza a súa aplicación sobre a Ribeira Sacra para Android – En marcha un plan para impulsar o expediente xudicial electrónico en 2015 – As empresas de INEO amosan o seu potencial para renovar o sector produtivo – A Deputación de Pontevedra expón os seus achados en materia de aplicación das TIC – O Consorcio da Zona Franca presenta unha aceleradora empresarial – O Clúster TIC de Galicia amosa músculo tralo seu fortalecemento – Plexus leva a súa tecnoloxía a un centro hospitalario do Reino Unido
Novo número da nosa edición impresa
Compartir Este Artigo
